Condicións de compra

Convidámoste a coñecer toda a información necesaria sobre as transaccións electrónicas que realices nesta web.

AGRIMANSO S.C aposta pola transparencia e a claridade nas transaccións comerciais que se realizan neste portal, garantindo un espazo comprometido cos dereitos das persoas usuarias e clientes. Por iso, recomendámosche que, antes de comprar calquera dos produtos que poñemos á túa disposición nesta web, leas estas condicións e os termos aplicables á prestación dos servizos que ofrece Limiagro propios da súa actividade principal de venda de patacas.

Estas condicións de contratación rexen a relación entre AGRIMANSO S.C e os clientes do sitio Limiagro.

AGRIMANSO S.C resérvase o dereito a modificar ou cambiar estas condicións en calquera momento. Se as modificacións constitúen un cambio substancial nos termos, Limiagro notificarallo publicando un aviso no noso sitio web.

Esta web cumpre as seguintes normas:

  • A Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI-CE)
  • o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos; e
  • a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Identificación da persoa responsable da web

  • Denominación social: AGRIMANSO S.C
  • Denominación comercial: Limiagro
  • CIF: J32490047
  • Correo electrónico: info@limiagro.es
  • Teléfono de contacto: 683 32 47 59
  • Domicilio social: C/ Camiño do Cerdeiro 13, 32630 a Xinzo de Limia, Ourense
  • A súa actividade é: Comercio polo miúdo en establecementos non especializados

Características dos produtos ofertados

Limiagro ofrece patacas de colleita propia, nas variedades dispoñibles en cada momento, actualmente Agria e Kennebec, en diferentes formatos.

Como realizar un pedido

Como condición para realizar calquera pedido, o cliente debe contactar con Limiagro e proporcionar a información requirida para adquirir os produtos dispoñibles nesta web. A información facilitada para realizar o pedido debe ser precisa, completa e estar actualizada en todo momento. Non facelo constitúe un incumprimento destas condicións e pode dar lugar á resolución do contrato con AGRIMANSO S.C

Desde o momento da aceptación, o cliente adquire a condición de cliente de Limiagro.

Os pedidos deben realizarse seguindo os pasos que che irá indicando Limiagro onde poderás escoller o produto e a cantidade que desexes mercar. 

Cupóns de desconto

Os cupóns ou códigos de desconto son de uso individual, non acumulables e están suxeitos ás datas de validez indicadas, se as houbese. AGRIMANSO S.C resérvase o dereito a cancelar calquera promoción para clientes individuais ou colectivos se considera que se está facendo un uso abusivo ou inadecuado dela.

Validación da compra

Unha vez realizada a compra e efectuado o pagamento, Limiagro enviarache por correo electrónico unha confirmación do pedido. Non esquezas revisar o cartafol de correo lixo ou non desexado.

É o momento de comprobar que todo está correcto. Se non estás de acordo cos datos que figuran nesa confirmación, poderás solicitar que se modifiquen ou que se anule o pedido.

A validación do pedido por parte do cliente implica expresamente o coñecemento e a aceptación destas condicións particulares de contratación como parte da formalización do contrato. Salvo proba en contrario, os datos rexistrados por Limiagro constitúen a proba do conxunto de transaccións realizadas entre Limiagro y sus clientes.

Se necesitas algunha modificación ou anulación, deberás comunicala no prazo de 8 horas desde a confirmación do pedido, por correo electrónico: info@limiagro.es ou a través da plataforma de incidencias dispoñible en cada pedido para os clientes rexistrados na web, sempre que o pedido non fose enviado.

Prezos e forma de pagamento

O cliente comprométese a pagar os produtos contratados a Limiagro mediante as formas de pagamento aceptadas por Limiagro e calquera importe adicional (incluídos os impostos e os cargos por tipo de pagamento, se procede).
 
Os prezos aplicables a cada produto son os indicados na páxina web na data do pedido e inclúen, se procede, o IVE (imposto sobre o valor engadido) para as transaccións realizadas no territorio español.
 
Ao realizar o pagamento, Limiagro redirixirate á pasarela de pagamento seleccionada.

AGRIMANSO S.C acepta as seguintes formas de pagamento:

  • Con tarxeta de crédito ou débito
    • Aceptamos tarxetas Visa, MasterCard, Maestro, JCB e UnionPay.
    • Podes realizar o pagamento de inmediato a través da pasarela de pagamento seguro SSL do noso banco. Se fose necesario realizar unha devolución ou cancelar o pedido, o importe reembolsarase na mesma tarxeta utilizada para pagar.  Os datos persoais e bancarios serán protexidos con todas as medidas de seguridade establecidas pola Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), e trataranse con total confidencialidade.

Non se acepta ningún outro método de pagamento.

O pagamento será sempre anticipado polo 100 % do pedido, que se enviará unha vez confirmado o pagamento.

Validez dos prezos e ofertas

Os produtos ofertados na web e os seus prezos estarán dispoñibles mentres figuren no catálogo da páxina web. Recoméndase aos clientes acceder ás versións actualizadas da web para evitar erros nos prezos. En todo caso, os pedidos en tramitación manterán as súas condicións durante dous días desde a súa formalización.

Envío e transporte

Os envíos realizaranse a través de empresas de transporte externas a Limiagro. O servizo contratado prevé a entrega en 24 horas. Porén, debido ao elevado volume de envíos das empresas de transporte, este prazo pode ampliarse. Polo xeral, entréganse o 95 % dos pedidos nas primeiras 24/48 horas, aínda que en casos puntuais o prazo pode chegar ás 72 horas. O prazo cóntase desde que o produto sae dos nosos almacéns. Enviarase un correo electrónico cando o pedido pase á plataforma de envío.

  • Gastos de envío:  Gratuítos en todos os pedidos.
  • Zonas de envío:
    • Só se realizan envíos a España
    • Non se realizan envíos ás Illas Baleares, Ceuta, Las Palmas, Melilla e Santa Cruz de Tenerife.
  • Prazos de entrega:
    • Se o produto está en stock, o pedido enviarase o mesmo día se se realiza antes das 13:00; en caso contrario, enviarase ao día seguinte.
    • Desde ese momento, a empresa de transporte debería entregalo nun máximo de 48/72 horas.
    • Pode haber variacións en domingos, festivos ou vésperas, así como en datas de moita actividade (Nadal, Black Friday, Cyber Monday...), debido ás limitacións de entrega das propias empresas.

Supostos que cómpre ter en conta:

  • Se xorde algún imprevisto na entrega do pedido, poñerémonos en contacto contigo a través do correo electrónico facilitado ao rexistrar o pedido para atopar unha solución ou intentar unha segunda entrega no enderezo indicado. Se non fose posible contactar contigo nin entregar o produto no primeiro ou no segundo intento, o cliente deberá contactar coa empresa de transporte ou con Limiagro por correo electrónico e asumirá os custos adicionais que poidan supoñer os seguintes intentos de entrega, se os houbese. Así mesmo, manterémoste informado de calquera variación no prazo.
  • Se un pedido inclúe varios produtos e non están todos dispoñibles para o envío no momento de realizalo, poderemos efectuar un envío parcial.
  • Reservámonos o dereito a reter o envío dos pedidos con enderezos incorrectos. En todo caso, contactaremos contigo a través dos datos facilitados para resolver calquera incidencia ou dúbida durante a tramitación do pedido.

Garantía

Por seren un produto alimentario e perecedoiro, as patacas non están suxeitas a unha garantía comercial específica. Non obstante, isto non limita os dereitos que lle correspondan ao consumidor conforme á normativa vixente. Se o produto presenta falta de conformidade, deterioración, danos durante o transporte ou calquera outra incidencia, contacta con Limiagro para que poidamos revisar o caso e, cando corresponda, ofrecer unha solución conforme á lei.

Sistema común do imposto sobre o valor engadido da Unión Europea

O prezo dos produtos comercializados por Limiagro inclúe o IVE español. O prezo final aparecerá durante a confirmación do pedido, onde se desagregará o IVE correspondente ao importe total da venda.
Os prezos dos servizos poden cambiar en calquera momento por decisión exclusiva de Limiagro. Os servizos non ofrecen protección de prezos nin reembolsos no caso de baixadas de prezos ou ofertas promocionais.

Política de devolucións

Só se aceptarán cancelacións e/ou devolucións nos seguintes termos.

  • Cancelación
    • O cliente poderá cancelar o pedido e solicitar o reembolso íntegro do importe se aínda non foi enviado. Para iso, deberá contactar connosco o antes posible a través do formulario de contacto, enviarnos un correo electrónico a info@limiagro.es e facilitarnos os seus datos e o número de pedido, ou ben utilizar a plataforma de incidencias do propio pedido se ten unha conta de cliente en Limiagro.
  • Devolución
    • Seleccionamos e embalamos coidadosamente as patacas antes do envío. Ao recibir o pedido, comproba o estado do paquete e do produto, así como se os precintos presentan danos ou alteracións.
    • Se ao abrir o paquete detectas patacas en mal estado ou calquera incidencia, recomendámosche que nolo comuniques canto antes, indicando o número de pedido, describindo o problema e, se é posible, achegando fotografías para facilitar a súa revisión.
    • As incidencias poden estar relacionadas con danos durante o transporte, deterioración ou falta de conformidade do produto. Recomendámosche comunicalas no momento da recepción ou, no caso de produtos perecedoiros, nun prazo máximo de 24 horas. Este prazo é unha recomendación para facilitar a comprobación da incidencia e non limita os dereitos que a normativa vixente recoñece ao consumidor.
    • Se se confirma que o produto presenta unha falta de conformidade ou un dano imputable ao transporte, AGRIMANSO S.C asumirá os gastos que legalmente correspondan para resolver a incidencia. Conserva, cando sexa posible, a embalaxe orixinal e o produto afectado para facilitar a súa comprobación; isto non limitará os dereitos que che recoñeza a normativa vixente.
    • Para comunicar unha incidencia, contacta connosco o antes posible, preferiblemente durante as primeiras 24 horas desde a recepción se se trata de patacas perecedoiras. Podes escribir a info@limiagro.es, chamar ao 683 32 47 59 ou abrir unha incidencia desde o teu pedido se tes unha conta de cliente en Limiagro. Este prazo recomendado non supón unha renuncia nin unha limitación dos dereitos legais do consumidor.
  • Desistimento
    • O dereito de desistimento pode quedar excluído cando o pedido teña por obxecto patacas que, polas súas características concretas e estado de conservación, sexan bens susceptibles de deteriorarse ou caducar con rapidez, conforme ao artigo 103.d) do texto refundido da Lei xeral para a defensa das persoas consumidoras e usuarias. Esta excepción non elimina os dereitos que correspondan se o produto non é conforme co contrato ou existe un erro no pedido.
    • Cando non sexa aplicable unha excepción legal ao dereito de desistimento, o consumidor poderá desistir do contrato durante un prazo de 14 días naturais, sen indicar o motivo, nos termos previstos na normativa vixente. Para exercelo, deberá comunicárnolo de forma inequívoca dentro dese prazo. Se legalmente corresponde, poderá utilizar o formulario de desistimento dispoñible na web.

Como devolver produtos nos casos aceptados

Para devolver un produto nos casos previstos e aceptados por esta política, deben seguirse estas instrucións:

  • Non se aceptarán devolucións a portes debidos.
  • Debes ter comunicado a Limiagro a vontade de desistir e ter obtido a autorización correspondente antes de realizar o envío.
  • Debes introducir o(s) produto(s) nun paquete debidamente embalado. O enderezo de devolución é: Polígono Industrial Xinzo de Limia parcela 82-84. CP: 32630 a Xinzo de Limia, Ourense
  • Debes levar o paquete a unha oficina de Correos ou a unha empresa de mensaxaría e solicitar o xustificante do envío. Deberás conservar o xustificante ata recibir o reembolso solicitado. 

É responsabilidade do cliente conservar todos os xustificantes de recepción e enviar o paquete por correo certificado ou por calquera outro medio que permita acreditar a data de envío.

En caso de devolucións ou reclamacións reiteradas por mal estado ou produto defectuoso por parte dun mesmo cliente, Limiagro resérvase o dereito a non realizar novos envíos a ese cliente.

No caso de desistimento, cando sexa legalmente aplicable, o consumidor asumirá os custos directos da devolución, agás que Limiagro aceptase asumilos ou non lle informase de que lle corresponde asumilos. Se a devolución se debe a unha falta de conformidade do produto, os gastos asumiranse conforme á normativa vixente.
Limiagro reembolsará os pagamentos recibidos, incluídos, se procede, os gastos ordinarios de entrega, sen demoras indebidas e, en todo caso, dentro dos 14 días naturais desde que se lle comunique a decisión de desistir, cando o desistimento sexa aplicable. Poderemos reter o reembolso ata recibir os bens ou ata que o consumidor presente unha proba da súa devolución, segundo cal destas condicións se cumpra primeiro. O reembolso efectuarase utilizando o mesmo medio de pagamento empregado na compra, salvo acordo expreso en contrario e sempre que non supoña ningún custo para o consumidor.
 

Confidencialidade

Ten carácter confidencial toda a información e documentación utilizada durante a contratación, desenvolvemento e execución dos servizos que regulan as relacións entre Limiagro y el Cliente.

Toda a información recibida do cliente, xa sexan imaxes, correos electrónicos, textos ou datos de acceso como cliente e contrasinais, tratarase de xeito confidencial e queda prohibida a súa cesión a terceiros.
 
Non se considerará información confidencial aquela que se divulgue por acordo entre as partes, a que se faga pública polo mesmo motivo, a que deba revelarse conforme ás leis ou a unha resolución xudicial dunha autoridade competente, nin a que obteña un terceiro que non estea suxeito a ningunha obriga de confidencialidade. Ambas as partes comprométense a cumprir o deber de confidencialidade de maneira indefinida.

Para obter información completa sobre os teus dereitos e a política de protección de datos que aplicamos a esta web e aos nosos servizos, recomendámosche consultar a Política de privacidade,  Aviso legal y la Política de cookies

Limitación de responsabilidade

Limiagro resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións da información contida na web, da súa configuración e presentación, das condicións de acceso, das condicións de contratación, etc. Por iso, o cliente deberá consultar as versións actualizadas da páxina.

A persoa usuaria ou cliente é a única responsable de manter a confidencialidade e seguridade da páxina web e de todas as actividades que se produzan nela unha vez que Limiagro. O cliente comprométese a notificar inmediatamente a Limiagro calquera vulneración da seguridade do portal.

Limiagro non será responsable de ningunha perda derivada do uso indebido ou non autorizado da súa páxina web.      
      
O cliente comprométese a manter indemne Limiagro das reclamacións, perdas, gastos, danos e custos (incluídos os danos directos, incidentais, consecuentes, punitivos, exemplares e indirectos), así como dos honorarios razoables de avogados, como resultado de calquera incumprimento por parte do cliente/comprador  de estas condiciones, sea o no considerado como material o inmaterial;  el uso indebido de los servicios por su parte  o cualquier persona que actúe en tu nombre o utilice tu cuenta en Limiagro ou de calquera vulneración, material ou inmaterial, de dereitos, títulos ou intereses de terceiros.

A nosa responsabilidade será subministrar o produto nos termos e condicións expresados nesta política de contratación.
 
Limiagro non responderá das consecuencias, danos ou prexuízos que poidan derivarse do uso indebido dos produtos subministrados.

Xurisdición e leis aplicables

Estas condicións réxense pola lexislación española. Calquera controversia someterase aos xulgados e tribunais que resulten competentes conforme á normativa aplicable, tendo en conta, cando corresponda, as normas de protección das persoas consumidoras.

Estas condicións de compra actualizáronse por última vez o 22/10/2026.