Premiamos a tua fidelidade

Non queremos seguir engordando a xigantes como Google ou Facebook

Es cliente de Limiagro e estás contento co noso produto? Pois o orzamento que destinariamos a publicidade será para ti.

 

Presentámosche as nosas novidades

Como xa sabes somos unha pequena empresa agrícola que empezou hai pouco tempo a vender o seu produtos a través de internet. Aínda que estamos encantados coa acollida, necesitamos mostrar a nosa oferta a máis persoas para poder así distribuír o produto que cultivamos. Temos un amplo stock aínda ao cal queremos darlle saída.

A mellor solución sería pagar a Google, Facebook, prensa, etc.. para poder dar voz á nosa oferta como o fan o resto de empresas. Pero tomamos a decisión de actuar de forma diferente.

Non hai quen máis fielmente poida falar do noso produto e recomendalo de forma honesta que o que o probou.

 

¿Cómo funciona?

Queremos premiar e incentivar esas recomendacións que moitos realizarías de forma altruísta da seguinte forma

Se tes conta de usuario e fixeches polo menos un pedido, habilitamos unha nova sección onde podes copiar e compartir a túa propia ligazón da nosa páxina, o cal poderás entregar a tantas persoas como ti queiras.

Todas as persoas que se rexistren na nosa web a través da túa ligazón, recibirán un desconto no seu primeiro pedido de 0,50€ na caixa de 10kg e 1€ na caixa de 20Kg, pero E que gaño eu? estaraste a preguntar.

 

Pois a partir dese momento, este cliente converterase no teu usuario referenciado, polo que todos os seus pedidos teñen unha bonificación para ti.

Desde o seu primeiro pedido, este incluído e de maneira ilimitada, é dicir por todos os pedidos que realice en diante na nosa web ata final de campaña, recibirás a mesma cantidade de 0,50€ ou 1€, ou o que é o mesmos 5 céntimos por cada kg que compre, independentemente da cantidade. Este saldo acumularase no teu moedeiro de maneira automática.

¿Cómo canxear o teu saldo?

 

Nesta nova sección que comentamos ao comezo, a que dispós na túa conta de usuario, poderás consultar o saldo acumulado, trocar o teu saldo por cupóns desconto da maneira que tu elixas dentro das dispoñibles, consultar os teus cupóns xerados, marcar aqueles que desexas aplicar á seguinte compra de maneira automática así como consultar os xa usados... entre outras novidades. Se logras unha gran cantidade de saldo e che resultaría imposible consumir tantas patacas ofrecemos a opción de trocalo en efectivo tamén.

Un exemplo

  • 2 Caixas de 20 KGS
    • Desconto directo de 2€ no carriño do novo usuario.
    • Acumularás 2€ no teu moedeiro cando o usuario finalice a súa compra.
  • 1 Caixa de 20 KGS
    • Desconto directo de 1€ no carriño do novo usuario.
    • Acumularás 1€ no teu moedeiro cando o usuario finalice a súa compra.
  • 1 Caixa de 10 KGS
    • Desconto directo de 0,5€ no carriño do novo usuario.
    • Acumularás 0,5€ no teu moedeiro cando o usuario finalice a súa compra.

Termos e Condicións da oferta

  • Só poderán beneficiarse do desconto no primeiro pedido usuarios que cren unha nova conta na web a través dunha ligazón referida.
  • O primeiro pedido do novo usuario non gozará do desconto se se realiza despois dun período de 60 días desde o rexistro da conta.
  • Só poderán xerar a súa ligazón referida usuarios que polo menos realizaron un pedido na nosa tenda.
  • Tanto o saldo acumulado como os usuarios asociados á túa conta, só son válidos para a tempada en curso, o que vén sendo desde Setembro a Maio aproximadamente. Unha vez finalizada a tempada, estes datos serán restablecidos de forma automática, partindo de cero ao comezo de cada tempada.
  • AGRIMANSO S.C. resérvase o dereito para cancelar calquera conta de usuario e eliminar o saldo acumulado así como bloquear calquera cupón ou pedido que se realizou a través deste sistema se detecta un uso fraudulento da conta ou o sistema de referidos.
  • AGRIMANSO S.C. resérvase o dereito de anular a promoción por causas de forza maior que fixesen imposible seguir coa mesma  conforme ás disposicións destas bases.
  • AGRIMANSO S.C. non se fai responsable dos gastos que incorran para poder participar nesta promoción.
  • A participación nesta promoción implica a aceptación destas bases.
  • Podes consultar máis información sobre o tratamento dos teus datos persoais na nosa Política de privacidade.