¡Oferta!

Pataca agria 10kg

Caixa de 10 Kg de patacas da variedade Agria seleccionadas directamente dos nosos campos á túa mesa en formato de aforro.

11,95 €
Envío gratis
Pago con tarjeta y Bizum
Envío rápido
Presentación
1 malla de 10kgs
Conservación
En lugar fresco e escuro por encima dos 8º
Cociñado
Pataca galega especial para fritir

Ventaxas de comprar a nosa Pataca Agría de 10kgs

Esta variedade está especialmente indicada para fritir, tortilla de patacas ou guisos, cunhas aptitudes culinarias que as fan absolutamente deliciosas. Coa súa cor amarela característica e a ausencia de manchas escuras ao fritir a súa aparencia no prato xunto co seu exquisito sabor, converterán calquera receita con elas nun excelente bocado.

Sementadas con agarimo e coidadas con todo o noso esmero, experiencia e saber facer farán que triunfen en cada un dos teus pratos.

Cultivamos de forma sostible con rotación de cultivos, sempre tratando de facer que o noso traballo cause o mínimo impacto no medio ambiente e desta forma poder seguir traballando ao longo dos anos ofrecendo sempre a máxima calidade nos nosos produtos.

Sorprende aos teus convidados con estas patacas, estamos seguros que con amor e con esta materia prima calquera receita encantaralles.

Próbaas e repetirás seguro!

Tamén che podería interesar...

19,95 €
¡Oferta!
11,95 €
¡Próxima temporada!
19,95 €
¡Próxima temporada!