Pataca Kennebec 10kg

 

Caixa de patacas variedade Kennebec 10Kg seleccionadas directamente dos nosos campos á túa mesa en formato aforro.

9,95 €

Esta variedade está especialmente indicada para cocer, cunhas aptitudes culinarias que as fan absolutamente deliciosas. Sementadas con agarimo e coidadas con todo o noso esmero, experiencia e saber facer farán que triunfen en cada un dos teus pratos. Ideal para cachelos . De carne branca e pel moi fina, a súa aparencia no prato xunto co seu exquisito sabor converterán calquera receita con elas nun excelente bocado.

Cultivamos de forma sostible con rotación de cultivos, sempre tratando de facer que o noso traballo cause en mínimo impacto no medio ambiente e desta forma poder seguir traballando ao longo dos anos ofrecendo sempre a máxima calidade nos nosos produtos.

Sorprende aos teus invitados ou familia e prepáralles unha boa comida, estamos seguros que con amor e unha boa materia prima calquera receita gustará. A que esperas? Non te arrepentirás e estaremos encantados de que volvas depositar a confianza posta en nós en futuras compras! Esperámoste